BASES IX EDICIÓN RIBADEO DE TAPEO

1- ORGANIZACIÓN E PARTICIPANTES E CALENDARIO

A organización do IX concurso de Tapas “Ribadeo de Tapeo” está promovido polo departamento da Área de Desenvolvemento Local e Turismo do Concello de Ribadeo, xunto Área de Cultura e Turismo da Excma. Deputación de Lugo.  

1.1 Poderán participar tódolos establecementos hostaleiros e restauración de Ribadeo que se inscriban a tal fin e acepten estas bases, en calquera das súas tipoloxías: bar, mesón, restaurante, e cafetería.  

1.2  O evento ten coma fin promocionar a cultura de tapas e fomentar a calidade de gastronomía  da vila. A celebración do concurso levarase a cabo durante os días: 10 de maio ao 18 de maio, ambos os dous inclusive.

2- TAPAS

2.1 Cada establecemento poderá presentar 1 tapa como máximo a un prezo de 1.30 euros, podendo ser fríos ou quentes. As tapas presentadas ao concurso deberán ser expedidos ao público durante os días de celebración do mesmo, agás os días de peche oficiais de cada estabelecemento (aqueles que non teñen día de descanso, poderán establecer un día de descanso).  

O horario de servizo das tapas deberá ser como mínimo durante 2 horas en horario de mañá-mediodía e 3 horas de tarde, agás aqueles establecementos que xustificadamente acrediten que o seu horario habitual é ou ben de tarde ou ben de mañá.
 

Terase en conta que unha tapa deberá ser un pratiño de non máis de tres bocados, preferiblemente que se poda tomar coas mans, sinxelo e directo pero impactante.  

2.3 Todos os estabelecementos participantes están obrigados a presentar á organización fotografías da súa tapa con anterioridade ao 24 de abril. A organización porá un fotógrafo/a gratuíto a disposición dos estabelecementos. Para tal fin o fotógrafo/a e hostaleiro/a deberán concertar necesariamente  a data entre os días 22 e 24 de abril, respectando na medida do posible as quendas por zonas que establecerá o fotógrafo/a e/ ou a organización. Será o fotógrafo quén se poña en contacto cos establecementos.  

3- FASE PREVIA

Ribadeo de Tapeo ten coma fin incentivar e fomentar a calidade de tapas. Con este fin, previo ao inicio do concurso, un/has cociñeiro/as analizarán as receitas e degustarán cada unha das tapas presentadas.  

Nesta fase, obrigatoria para todos os establecementos,  valorárase que as propostas se adapten ao concepto de tapa (non aceptando aquelas que respondan a racións ou medias–racións), asesorárase así mesmo  co gallo de que tapas alcancen unha calidade mínima e unha relación calidade-precio.

4-PREMIOS

Premios do Xurado  

  • Primeiro Premio do Xurado,
  • Segundo Premio do Xurado,
  • Terceiro premio do Xurado
  • Premio “Tapa de Ribadeo” será a mellor tapa realizada con produtos da zona e de proximidade. Así mesmo valorárase que ademais se empreguen produtos de temporada.

Os premios que se lles outorgarán a: primeiro, segundo e terceiro serán un placa de recoñecemento.  

O premio para o establecemento gañador da Tapa de Ribadeo, será unha campaña de promoción e marketing en internet que axude ao establecemento gañar posicionamento e dinamizar as visitas do local. A campaña terá unha duración dun mes e será levada a cabo por un experto/a na en Social Media e estará valorada en 400 euros.  

A organización reservase o dereito de conceder mencións especiais aqueles pinchos que o consideren. O primeiro, segundo e terceiro premio do xurado son excluíntes entre si e non poderán concorrer na mesma tapa. Non sendo así para o premio “Tapa de Ribadeo” .

Premios do Publico 
  • Premio “Tapa do Público”.
  • Premio ao mellor barra

5-PRAZO DE INSCRICIÓN

O prazo para a presentación no concurso rematará o día 7de abril do 2014, ás 14:00, a candidatura presentárase no rexistro do Concello, coa seguinte documentación:

  • Boletín de inscrición debidamente cumprimentado, indicando o nome da tapa, que deberá ir selado co selo do establecemento inescusablemente
  • Ficha técnica da receita/s, descrición do estabelecemento e COORDENADAS GPS
  • Presentación de actividade/s no caso de organizar actividades lúdico-gastronómico paralelas.

A organización reservase o dereito de excluír aqueles estabelecementos que non acheguen a documentación que se require. Ata o comezo do concurso a organización se compromete a gardar un estrito segredo profesional do nome e descrición das tapas ou pinchos.

6-CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

  1. As tapas presentadas deberán figurar na oferta habitual do estabelecemento como mínimo durante os días de celebración do concurso exceptuando os días oficiais de peche do estabelecemento, que deberán ser detallados na ficha que se xunta e durante o mínimo de horas que se recolle no punto 3.1. Selar a todos os clientes que o precisen, co seu correspondente selo.
  2. Exhibir nun lugar visíbel do interior do estabelecemento o distintivo que identificará aos participantes no concurso Ribadeo de Tapeo
  3. Colocar, nun lugar visíbel e accesíbel, a urna deseñada ao efecto, na que o público depositará os votos que lle outorga a cada tapa.
  4. Dentro do estabelecemento, indicar e diferenciar de maneira visíbel na súa oferta as tapas que participen no Concurso.
  5. Dar un informe final do número de tapas vendidas e colaborar coa enquisa de valoración do evento que se realizará co fin de realizar propostas de mellora para as posíbeis futuras edicións do mesmo.
É motivo de expulsión do Concurso o incumprimento dalgunha das normas aquí establecidas.

7-PREMIOS, SELECCIÓN E XURADO

A organización reservase a posibilidade de realizar dous quendas de selección; onde se escollerán os finalistas e premiados, realizadas por dous xurados diferentes. O primeiro xurado na que se escollerá aos finalistas estará composto por persoeiros locais e o segundo formado por expertos na materia, e será quén escollerá os premios gañadores. Así mesmo, a organización poderá convocar aos participantes a presentar a/as tapa/s presentadas nun único local de cara a facilitar o labor do xurado.  

PREMIOS DO XURADO: Un xurado experto seleccionará os gañadores/as do primeiro premio, segundo e terceiro premio do xurado, os criterios de valoración serán: a elaboración da tapa, sabor, presentación, complexidade e combinación de ingredientes, relación calidade- prezo, calidade no servizo, orixinalidade e emprego de ingredientes do país, cada un deles valorado de 0 a 5 puntos.  

A puntuación final será o resultado da media da suma da puntuación total. Será unha persoa representante e nomeada pola organización que certifique e levante acta dos premios.  

Queda á decisión da Organización como organizar estas visitas, dividindo en grupos ou equipos co obxecto de que se visiten todos e cada un dos establecementos.

Nesta edición, e como colaboración dos establecementos participantes as tapas degustadas por ambas quendas do xurado deberán ser ofrecidas gratuitamente.  

Premio “Tapa do Público”
que será a tapa máis votada polos clientes. O premio do público será o que obteña a mellor puntuación media, resultante de dividir o total de votos obtidos entre o total de votos emitidos.  

Premio ao mellor barra, que será o máis valorado polos clientes (seguindo a mesma metodoloxía que o premio da tapa do público) e onde se valorará a ambientación do local, a profesionalidade no servizo (atención, rapidez, información sobre o concurso ) as instalacións ( conservación, orde, limpeza e adecuación así como a experiencia global dos clientes.

Co obxecto de respectar ao máximo a decisión popular, os premios do público non son excluíntes: poden concorrer no mesmo establecemento.  

O fallo do xurado será inapelable. A organización reserva para si o dereito a tomar decisión non reflectidas nas presentes bases de cara a mellorar a organización e xestión do mesmo.

*As comunicación cos establecementos serán preferente por correo electrónico  

+ INFORMACIÓN
CONCELLO DE RIBADEO . ÁREA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL
Teléfono: 982 128 650 // Email: adl@ribadeo.org

FACEBOOK RIBADEO DE TAPEO

http://www.facebook.com/RibadeodeTapeo

PAXINA RIBADEO DE TAPEO

http://tapeo.ribadeo.org/



Compartir:

© Oficina de Turismo de Ribadeo. Praza de España. 27700 Ribadeo (Lugo) // Teléfono: 982 12 86 89 // turismo@ribadeo.org